Módulo I: Xestión do Patrimonio Cultural

O Módulo 1 “Xestión do Patrimonio Cultural” é obrigatorio e ten unha carga lectiva de 15 ECTS (5 materias de 3 ECTS). Oferta cinco materias de 3 ECTS centradas na xestión do Patrimonio cultural, mediante o estudo das súas categorías, do seu valor e significado, dos aspectos vinculados á súa protección xurídica e das figuras de intervención.

#conceptos #categorías #valor #significado #protección #lexislación #intervención #xestión #proxectos

  Módulo II: Documentación e representación do Patrimonio Cultural

O Módulo 2 “Documentación e Representación do Patrimonio Cultural” tamén é igualmente obrigatorio cunha carga docente de 15 ECTS (5 materias de 3 ECTS). Oferta cinco materias de 3 ECTS centradas na documentación e representación do Patrimonio cultural, a través de ferramentas de topografía convencional e de representación CAD, tecnoloxías SIX e a súa aplicación ao inventario dos bens culturais, técnicas de documentación cartográfica 3D e 2D, e de prospección do subsolo superficial.

#técnicas #representación #CAD #tecnoloxía #SIX #inventario #xeografía #documentación #cartografía #2D #3D #dixitalización #prospección #topografía

  Módulo III: Especialización en documentación, avaliación, xestión e interpretación do Patrimonio Cultural

O Módulo 3 “Especialización en documentación, avaliación, xestión e interpretación do Patrimonio Cultural” é onde se concentra toda a optatividade do Mestrado. A oferta lectiva total é de 30 ECTS (10 materias de 3 ECTS), dos cales o estudantado deberá cursar polo menos 15 ECTS, ou sexa, terán que cursar como mínimo 5 materias de 3 ECTS libremente elexidas por eles. A especialización ven dada pola selección das materias, orientándose preferentemente cara un perfil profesional en documentación, xestión e interpretación do Patrimonio (dominio das ferramentas para a documentación histórico-artística dos bens culturais, contextualización territorial, valoración e estratexias para a difusión, interpretación e rentabilización turística do Patrimonio Cultural,) e en menor medida tamén cara un perfil profesional máis técnico (arquitectura, conservación-restauración), centrado na diagnose e avaliación estrutural dos bens patrimoniais inmobles.

#caracterización #documentación #historia #arte #territorio #paisaxe #memoria #identidade #difusión #socialización #exposicións #deseño #arquitectura #urbano #educación #turismo #diagnóstico #técnicas #avaliación

  Módulo IV: Practicum + TFM

O Módulo 4 “Practicum + TFM”, obrigatorio de 15 ECTS, comprende as prácticas externas (6 ECTS) e o Traballo Fin de Mestrado (9 ECTS), caracterizándose polo tanto pola súa entidade eminentemente práctica.

#empresa #innovación #profesional #I+D #expertos #equipos #oportunidade #colaboración #emprego #investigación #titoría #informes #especialistas #profesionalidade #calidade


Para a expedición do título é necesario por tanto superar 15 + 15 + 9 + 6 = 45 créditos obrigatorios e 15 créditos optativos a escoller entre os 30 ofertados no Módulo 3.

Tipo de materia Créditos a cursar Créditos ofertados
Materias Obrigatorias 30 30
Materias Optativas 15 30
Prácticas externas (Obrigatorias) 6 6
Traballo Fin de Mestrado (Obrigatorio) 9 9
Total 60 75