Trala formalización da matrícula, o estudantado é convocado a unha sesión en liña de orientación e acollida que consistirá na presentación das características e organización docente do mestrado para o curso académico, con especial énfase na explicación dos recursos e sistemas a empregar na actividade docente virtual (MooVi, Campus Remoto) propia do título.

Intervirán na sesión o coordinador/a do mestrado e, eventualmente, outros membros da CAM e máis da equipa directiva do centro.

A xornada de acollida para o curso 2022/2023 está prevista para o mércores 21/09/2022 ás 17.00 horas na sala de Campus Remoto de coordinación do título.