Trala formalización da matrícula, o estudantado é convocado a unha sesión en liña de orientación e acollida que consistirá na presentación das características e organización docente do mestrado para o curso académico, con especial énfase na explicación dos recursos e sistemas a empregar na actividade docente virtual (MooVi, Campus Remoto) propia do título.
Intervirán na sesión o coordinador/a do mestrado e, eventualmente, outros membros da CAM e máis da equipa directiva do centro.
A xornada de acollida para o curso 2025/2026 está prevista para a 3ª semana do mes de setembro. A data e hora concreta da sesión en liña será comunicada ao comezo do curso.
