O desenvolvemento das seguintes competencias dará lugar ao perfil de egreso do Máster:
- CB6 Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
- CB7 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
- CB8 Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
- CB9 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
- CB10 Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
- CG1 Adquirir a capacidade para diferenciar e valorar as diversas expresións do Patrimonio cultural, coñecer as ferramentas para a súa cuantificación e protección, así como as diferentes perspectivas que abordan a súa xestión.
- CG2 Adquirir o coñecemento necesario para manexar as distintas ferramentas de documentación gráfica, dimensional e xeoespacial para ser aplicadas na documentación e valoración do Patrimonio ben cultural.
- CG3 Adquirir a capacidade de levar á aplicación práctica da protección do ben cultural os coñecementos teóricos e os protocolos de documentación e caracterización.
- CG4 Coñecer e aplicar os principios e metodoloxías da investigación como son a búsqueda bibliográfica, a toma de datos e a análise e interpretación dos mesmos e a presentación de conclusións, de forma clara, concisa e rigurosa.
- CE1 Estar capacitado para seleccionar as ferramentas de estudo e documentación necesarias para coñecer o ben cultural, incluso establecendo metodoloxías de traballo estandarizables.
- CE2 Adquirir a capacidade de diseñar protocolos de intervención, establecendo tipos, prioridades e intensidades de acción ante un ben cultural en risco de alteración.
- CE3 Adquirir a capacidade para redactar proxectos de intervención no Patrimonio cultural de acordo coa lexislación reguladora específica.
- CE4 Adquirir a capacidade para catalogar o Patrimonio cultural inmoble, bosquexando niveis de risco e pudendo establecer mecanismos de protección xurídica y preventiva.
- CE5 Dominar e ser capaz de aplicar instrumental e procedimientos de diversas técnicas cartográficas ó Patrimonio cultural inmoble para o seu control dimensional e a elaboración de documentación gráfica empregando ferramentas CAD.
- CE6 Analizar, depurar e interpretar información xeográfica, así coma o seu almacenamento en bases de datos, en función de requisitos técnicos para o inventario e documentación dun proxecto de intervención.
- CE7 Coñecer os fundamentos das técnicas non destructivas máis empregadas para a prospección superficial do subsolo do Patrimonio cultural inmoble e desenvolver a capacidade de determinar a súa aplicabilidade a casos concretos.
- CE8 Entender os valores multifactoriais do Patrimonio cultural, e valoralo adecuadamente conforme a criterios de uso social.
- CT1 Poder integrar as diversas informacións e datos aportados por diversos técnicos e ferramentas na redacción de conclusións de acción.
- CT2 Ser capaces de predecir e controlar a evolución de situacións complexas mediante o desenvolvemento de novas e innovadoras metodoloxías de traballo adaptadas ó ámbito científico/investigador, tecnolóxico ou profesional concreto, en xeral multidisciplinar, no que se desenrrole a súa actividade.
- CT3 Saber transmitir dun modo claro e sen ambigüedades a un público especializado ou non, resultados procedentes da investigación científica e tecnolóxica ou do ámbito da innovación máis avanzada, así coma os fundamentos máis relevantes sobre os que se sustentan.
- CT4 Concebir a protección do Patrimonio cultural nun marco de desenvolvemento sostible.
- CT5 Adquirir coñecementos avanzados e demostrar, nun contexto de investigación científica e tecnolóxica ou altamente especializado, unha comprensión detallada e fundamentada dos aspectos teóricos e prácticos e da metodoloxía de traballo nun ou máis campos de estudo.
- CT6 Coñecer e manexar a lexislación aplicable ó sector, coñecer o entorno social e empresarial e saber relacionarse coa administración competente integrando este coñecemento na elaboración de proxectos de enxenería e no desenvolvemento de calquera dos aspectos da súa labor profesional.