Módulo I: Xestión do Patrimonio Cultural
O Módulo 1 “Xestión do Patrimonio Cultural” é obrigatorio e ten unha carga lectiva de 15 ECTS (5 materias de 3 ECTS). Oferta cinco materias de 3 ECTS centradas na xestión do Patrimonio cultural, mediante o estudo das súas categorías, do seu valor e significado, dos aspectos vinculados á súa protección xurídica e das figuras de intervención.
- O02M143V03101. Concepto e Categorías do PC
- O02M143V03102. Valor e Significado do Patrimonio Cultural
- O02M143V03103. Protección Xurídica do Patrimonio Cultural
- O02M143V03104. Figuras de Intervención e Xestión de Proxectos
- O02M143V03105. Novos modos de xestión e protección do Patrimonio Cultural
#conceptos #categorías #valor #significado #protección #lexislación #intervención #xestión #proxectos
Módulo II: Documentación e representación do Patrimonio Cultural
O Módulo 2 “Documentación e Representación do Patrimonio Cultural” tamén é igualmente obrigatorio cunha carga docente de 15 ECTS (5 materias de 3 ECTS). Oferta cinco materias de 3 ECTS centradas na documentación e representación do Patrimonio cultural, a través de ferramentas de topografía convencional e de representación CAD, tecnoloxías SIX e a súa aplicación ao inventario dos bens culturais, técnicas de documentación cartográfica 3D e 2D, e de prospección do subsolo superficial.
- O02M143V03107. Técnicas de representación CAD do Patrimonio
- O02M143V03108. Tecnoloxías SIX para o inventario do Patrimonio
- O02M143V03109. Técnicas de documentación cartográfica 2D e 3D do Patrimonio
- O02M143V03110. Técnicas de prospección do subsolo superficial
- O02M143V03111. Introdución á Topografía e produción cartográfica
#técnicas #representación #CAD #tecnoloxía #SIX #inventario #xeografía #documentación #cartografía #2D #3D #dixitalización #prospección #topografía
Módulo III: Especialización en documentación, avaliación, xestión e interpretación do Patrimonio Cultural
O Módulo 3 “Especialización en documentación, avaliación, xestión e interpretación do Patrimonio Cultural” é onde se concentra toda a optatividade do Mestrado. A oferta lectiva total é de 30 ECTS (10 materias de 3 ECTS), dos cales o estudantado deberá cursar polo menos 15 ECTS, ou sexa, terán que cursar como mínimo 5 materias de 3 ECTS libremente elexidas por eles. A especialización ven dada pola selección das materias, orientándose preferentemente cara un perfil profesional en documentación, xestión e interpretación do Patrimonio (dominio das ferramentas para a documentación histórico-artística dos bens culturais, contextualización territorial, valoración e estratexias para a difusión, interpretación e rentabilización turística do Patrimonio Cultural,) e en menor medida tamén cara un perfil profesional máis técnico (arquitectura, conservación-restauración), centrado na diagnose e avaliación estrutural dos bens patrimoniais inmobles.
- O02M143V03207. Caracterización e documentación histórico-artística
- O02M143V03208. Territorio e Paisaxe Cultural
- O02M143V03209. Historia, Memoria, Identidade e Patrimonio Cultural
- O02M143V03210. Difusión e Socialización do Patrimonio Cultural
- O02M143V03211. Deseño de Exposicións e Modelos Expositivos
- O02M143V03212. Patrimonio Arquitectónico, Territorio e Paisaxe Urbana
- O02M143V03215. Educación patrimonial e Innovación Social
- O02M143V03216. Patrimonio Cultural e Turismo
- O02M143V03217. Introdución á avaliación estrutural de construcións patrimoniais
- O02M143V03218. Técnicas non destructivas para a avaliación do patrimonio cultural inmoble
#caracterización #documentación #historia #arte #territorio #paisaxe #memoria #identidade #difusión #socialización #exposicións #deseño #arquitectura #urbano #educación #turismo #diagnóstico #técnicas #avaliación
Módulo IV: Practicum + TFM
O Módulo 4 “Practicum + TFM”, obrigatorio de 15 ECTS, comprende as prácticas externas (6 ECTS) e o Traballo Fin de Mestrado (9 ECTS), caracterizándose polo tanto pola súa entidade eminentemente práctica.
- O02M143V03213. Prácticas externas
- O02M143V03214. Traballo fin de Mestrado
#empresa #innovación #profesional #I+D #expertos #equipos #oportunidade #colaboración #emprego #investigación #titoría #informes #especialistas #profesionalidade #calidade
Para a expedición do título é necesario por tanto superar 15 + 15 + 9 + 6 = 45 créditos obrigatorios e 15 créditos optativos a escoller entre os 30 ofertados no Módulo 3.
Tipo de materia | Créditos a cursar | Créditos ofertados |
---|---|---|
Materias Obrigatorias | 30 | 30 |
Materias Optativas | 15 | 30 |
Prácticas externas (Obrigatorias) | 6 | 6 |
Traballo Fin de Mestrado (Obrigatorio) | 9 | 9 |
Total | 60 | 75 |