O Plan de Acción Titorial (PAT) da Facultade de Historia recolle un conxunto de actuacións destinadas a favorecer a integración do estudantado na vida universitaria e atender as súas necesidades formativas e informativas.

A existencia do PAT supón superar o modelo especificamente académico, só preocupado pola transmisión de coñecementos, e apostar por un modelo educativo en que conflúen ademais funcións socio educativas, baseadas en relacións recíprocas e interaccións titor/a-estudante, estudante-estudante etc.; apóstase, en definitiva, polo desenvolvemento persoal, ademais do académico.

 Plan de Acción Titorial do centro