Planificación para matrícula parcial

A matrícula do mestrado pode ser completa ou parcial. O estudantado a tempo completo deberá matricularse dos 60 créditos ECTS que compoñen o mestrado e que será necesario superar para a obtención do título universitario correspondente.

A aqueles estudantes con necesidades especiais ou que, debido ás súas circunstancias persoais, requiran cursar estudos a tempo parcial, ofrécese a matrícula parcial; o estudantado que se atope neste caso poderá elixir materias pertencentes aos módulos 1, 2 ou 3, incluíndo as prácticas en empresa do módulo 4, para ser cursados ao longo de todo o curso académico, respectando sen embargo a planificación docente e o seu deseño temporal:

  • Os 30 primeiros créditos que deben cursarse correspondense coas materias dos módulos obrigatorios 1 e 2.
  • Os 30 seguintes créditos correspóndense co módulo optativo nº 3, e os obrigatorios correspondentes ao TFM e ás prácticas.
  • Non será posible defender o TFM sen ter superado previamente as materias obrigatorias, incluíndo as prácticas, asi como, polo menos, 5 materias (15 créditos) optativas.
  • A normativa de permanecia da UVigo, aprobada no consello de Goberno do 16 de decembro de 2016, establece que os límites de crédito matriculables na modalidade de tempo parcial sitúanse entre os 18 e os 47 créditos.
  • Non se poden matricular materias optativas, prácticas nin TFM sen haber matriculado primeiro, ou ter superado xa, un mínimo de 6 materias (18 créditos) dos módulos obrigatorios 1 e 2.

Anexo IV: Formulario de solicitude de matrícula a tempo parcial

 

Convocatoria adiantada

Os estudantes poderán solicitar o adianto de convocatorias de 2º cuadrimestre para ser avaliadas no 1º cuadrimestre, ata un máximo de 12 ECTS e 2 materias asignadas no plan de estudos ao 2º cuadrimestre. No caso de que tamén queden pendentes algunhas materias do 1º cuadrimestre, o máximo elevarase a 18 ECTS e 3 materias, computando as do 1º cuadrimestre.

Tamén se poderá solicitar o adianto de convocatoria para defender o TFM durante o mes de febreiro.

Anexo V: Solicitude de convocatoria adiantada

Calendario da convocatoria adiantada 2023/2024