A realización de prácticas académicas externas é requisito indispensable para a consecución do título de Máster Universitario en Valoración, Xestión e Protección do Patrimonio Cultural.
A materia Prácticas ten unha carga docente de 6 créditos ECTS que se traducen en 140 horas presenciais e 10 preparatorias (titorías, elaboración de memoria, etc.). O alumnado pode escoller o centro no que realizará as prácticas entre os que oferta o mestrado ou ben propór a sinatura dun convenio de cooperación educativa cunha nova entidade. Existe tamén a posibilidade de solicitar a convalidación da materia por actividades profesionais ou prácticas extracurriculares.
Listaxes de prácticas externas
2020/2021 | 2019/2020 | 2018/2019 | 2017/2018 | 2016/2017 | 2015/2016 | 2014/2015
Coordinación
Domingo Rodríguez Teijeiro
teijeiro@uvigo.es