A avaliación das materias será continua, seguindo unhas pautas xerais.
O estudantado, segundo a normativa vixente, ten duás convocatorias de avaliación:
- A primeira oportunidade levaráse a cabo durante o cuadrimestre de docencia, ou sexa, que hai unha oportunidade ao remate de cada un dos cuadrimestres.
- No caso de que as semanas de docencia da materia non sexan suficientes para a entrega de todos os traballos previstos, habilitaráse a plataforma de docencia unha semana adicional para facilitar dita entrega.
- As probas de avaliación oficial (exames, traballos, exercicios, etc.) terán lugar durante unha semana ao remate de cada cuadrimestre.
- A segunda avaliación realizaráse no mes de xullo, para o que se habilitará unha semana de probas de avaliación oficial e abrirase de novo o acceso á plataforma docente.