Sistemas de admisión e criterios de valoración de méritos
Antes de realizar a matrícula, é preciso facer unha preinscrición, posto que existe un límite de 20 prazas.
A preinscrición realizarase nos prazos establecidos por via telemática. As solicitudes recibidas serán analizadas pola Comisión Académica do Mestrado, que fará pública a lista de admitidas/os, convocándoas/os deste xeito a matricularse nos prazos fixados.
Documentación a adxuntar á solicitude de preinscrición: No momento da fase de preinscrición, os alumnos interesados deberán aportar a seguinte documentación:
- Fotocopia do Documento Nacional de Identidade, pasaporte ou documento equivalente.
- Certificación académica (fotocopia ou extracto).
- Fotocopia do título de Grao, Licenciado, Enxeñeiro, Arquitecto ou da súa correspondente homologación.
- Curriculum vitae: Aportando información sobre os seguintes puntos:
- Titulación académica oficial
- Outros méritos de formación
- Bolsas disfrutadas para a formación
- Experiencia profesional
- Solicitude de recoñecemento de equivalencia para os títulos estranxeiros que non teñan sido previamente homologados
Criterios de admisión ao título definidos pola Comisión Académica
A idoneidade dos candidatos preinscritos será evaluada pola Comisión Académica do Mestrado, tendo en conta o seguinte perfil de ingreso sinalado. Tendo en conta este perfil, nesta avaliación teranse en conta os seguintes criterios de admisión. Cada criterio ten asignada unha puntuación determinada que permitirá realizar unha selección de alumnos obxectiva, no caso de superarse o límite de prazas establecido:
- Titulación académica, con especial atención aos titulados das seguintes disciplinas cuxas especializacións tiveran relación co Patrimonio Cultural (35%): Licenciados ou Graduados en Titulacións relacionadas coa Historia, a Historia da Arte ou a Xeografía; Arqueólogos; Arquitectos e arquitectos técnicos; Titulados en Dereito; Enxeñeiros superiores e enxeñeiros técnicos; Licenciados en Belas Artes; Titulados Superiores en Conservación e Restauración de bens culturais (según Lei Orgánica 2/2006) e Titulados en Conservación Restauración (según Lei Orgánica 1/1990); Xeólogos; Químicos; Biólogos.
- Expediente académico, con especial atención ás materias cursadas relacionadas coa temática do Mestrado (30%).
- Currículum Vitae, con especial atención ós méritos alegados relacionados coa realización de cursos de especialización e co desenvolvemento de actividades profesionais no campo do Patrimonio Cultural (15%).
- Disfrute de Bolsas (estudos de 1º e 2º ciclo, predoutorais, etc.) (10%).
- Outros méritos, tales como coñecemento de idiomas, premios extraordinarios, etc. (10%).
No caso de que non se supere o límite de prazas na fase de preinscrición, todas aquelas solicitudes cuxo currículum teña relación profesional e académica co programa do Mestrado terán dereito a acceder ao mesmo en igualdade de condicións e sen discriminación de ningún tipo.
Órgano de admisión: Comisión Académica de Mestrado
O órgano competente neste procedemento de admisión e matrícula é a Comisión Académica do Mestrado (CAM), tal e como aparece reflexado no art.4 do Regulamento de Estudios Oficiais de Posgrao da Universidade de Vigo.