González Méndez

Externo

Departamento de Externo

Información de contacto

Breve CV

Arqueóloga, e doutora en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela. Entre 1991 e 2000, membro do Grupo de Investigación en Arqueoloxía da Paisaxe do Instituto de Investigacións Tecnolóxicas da USC, traballando en diversos proxectos e adicada ao estudo do neolítico en Galicia e, posteriormente, a avaliación de impacto arqueolóxico e revalorización do patrimonio. Dende 2001, profesional libre adicada, fundamentalmente, á revalorización do patrimonio cultural: proxectos e execucións de adecuación de sitios para a visita, elaboración de materiais de difusión, etc (entre eles o deseño e execución da Recuperación e valorización do Castro de Vigo, a proxección da Área Arqueolóxica dos petroglifos de Tourón ou do Centro de visitantes da vila romana de Toralla). Membro de HERITY Internacional, ONG para a avaliación da calidade na xestión de monumentos abertos ao público, entre 1998 e 2013, sendo avaliadora de diferentes tipoloxías de sitios (museos, parques arqueolóxicos, igrexas…) en Roma, Cerdeña e España. Combinou as labores anteriores coa docencia en cursos de especialización e mestrados. Autora de numerosas publicacións sobre calidade, xestión e revalorización do patrimonio.

Docencia

Perfil docente na UVigo

1º cuadrimestre

2º cuadrimestre