Ayán Vila

Externo

Departamento de Externo

Información de contacto

jorgemiguel.ayan@ehu.eus

Breve CV

Licenciado en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela en 1998. Realizou os estudos de doutoramento en Arqueoloxía e Historia da Antigüidade na Universidade de Santiago de Compostela, coa suficiencia investigadora en 2000. Premio Extraordinario de Licenciatura en 1998. Doutor en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela coa tese Casa, Familia e comunidade na Idade do Ferro NW, na que obtivo sobresaínte cum laude. Acadou diferentes bolsas (MEC colaboración, cooperación en Contratos e Convenios, terceiro ciclo da Xunta de Galicia, Predoutoral I3P) na Universidade de Santiago de Compostela e no Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (CSIC-XUGA). Ten desenvolvido diversos proxectos e é o autor de numerosas publicacións individuais e colectivas. As súas liñas de investigación encádranse en sete áreas: 1. Avaliación e control de impacto arqueolóxico de grandes obras públicas; 2. Arqueoloxía da Arquitectura; 3. A arqueoloxía da Idade do Ferro; 4. Posta en Valor do Patrimonio; 5. Teoría Arqueolóxica; 6. Difusión e Divulgación; 7. Memoria histórica Actualmente é investigador posdoutoral na Universidade do País Vasco / Euskal Herriko Unibertsitatea.

Docencia

Perfil docente na UVigo

1º cuadrimestre

2º cuadrimestre

Investigación