Vilas Meis

Externo

Departamento de Externo

Información de contacto

Breve CV

Diana Vilas Meis (O Grove, 1986) é licenciada en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela (2009), Máster en Historia, Territorio e Recursos Patrimoniais pola Universidade de Vigo (2011), Profesora de Ensino Secundario na especialidade de Xeografía e Historia (Funcionaria de Carreira desde 2016) e profesora no Máster en Valoración, Xestión e Protección do Patrimonio Cultural da Universidade de Vigo. É membro do Grupo de Investigación Arte e Cidade (AH2) da Universidade de Vigo dende o ano 2013, e membro da Aula Castelao de Filosofía e coordinadora da Semana Galega de Filosofía dende o ano 2010. Entre abril de 2013 e abril de 2016, traballou como investigadora-docente contratada (Xunta de Galicia, Programa I2C) na área de Historia da Arte na Universidade de Vigo, con docencia nos Graos de Xeografía e Historia, e Turismo (Campus de Ourense). Foi docente contratada na UNED (Programa Senior) no Centro Asociado de Ourense (2015-2016). Investigadora Principal no proxecto de I+D INOU15-10 “Máis alá de Castelao: Imaxinarios da nenez galega no dicurso xornalístico e gráfico ourensán do primeiro terzo do século XX”, financiado pola Vicerreitoría do Campus de Ourense, da Universidade de Vigo e a Deputación de Ourense (2015); e foi membro do proxecto HAR2012-30673 “Castelao. Obra Gráfica: La construcción de un discurso estético, político y social transoceánico (1910-1950)”, dirixido por María Victoria Carballo-Calero Ramos e financiado polo Ministerio de Ciencia e Innovación (2012-2014). É autora de diversas publicacións e libros dixitais interactivos, como: A nenez galega a través dos anteollos de Castelao (2015); Cousas de Nenos. Unha aproximación á representación da infancia en Cousas da Vida de Castelao (2014); ou a serie de iBooks sobre arte antiga: Arquitectura de la Antigua Grecia (2014), Ancient Greek Architecture (2014), Arquitectura de la Antigua Roma (2015), Ancient Roman Architecture (2015), entre outros.

Docencia

Perfil docente na UVigo

1º cuadrimestre

2º cuadrimestre