Campus del Agua

Metodoloxía Docente

Modalidade Semipresencial

Todas as actividades docentes esenciais do mestrado (clases maxistrais, exercicios, exames, titorías, defensa do TFM, etc) son en modalidade en liña, poden ser cursadas desde calquera lugar do mundo, sen obrigatoriedade de presenza física en Ourense.

A única actividade docente que require presencialidade física son as Prácticas, que en todo caso poderán realizarse en calquera empresa ou institución, nacional ou estranxeira, coa que a Universidade firme o correspondente convenio de colaboración. Isto é o que fai que o mestrado sexa considerado oficialmente como “semipresencial”, aínda que na práctica trátase basicamente de docencia en liña.

Organización da docencia

As sesións docentes en liña realízanse a través de multi-videoconferencia, empregando preferentemente a ferramenta e-meeting. Os materiais docentes, foros de debate, exames ou entrega de traballos e exercicios, estarán ao dispor do alumnado mediante a plataforma de teledocencia Moodle, unha das plataformas de xestión da comunidade de aprendizaxe en liña de mais éxito, e que posibilita e fomenta un tipo de aprendizaxe colaboradora-conectada.

Cada materia conta cun calendario que pauta as actividades para desenvolver polo alumnado ao longo das 4 semanas de duración da mesma. Cada materia de 3 créditos conta con 5 horas de clases en liña (docencia síncrona), ademais de 1 hora de titoría-avaliación. Os horarios están establecidos en quenda de tarde, salvo eventuais eventos docentes. Especificaranse as horas concretas para cada materia dentro do horario establecido.

Todas as clases en liña serán gravadas en vídeo, quedando ao dispor dos alumnos para a súa visualización asíncrona no horario que estimen pertinente.