A avaliación das materias será continua, seguindo unhas pautas xerais.

O estudantado, segundo a normativa vixente, ten dúas convocatorias de avaliación:

  • A primeira oportunidade levaráse a cabo durante o cuadrimestre de docencia, ou sexa, que hai unha oportunidade inicial ao longo de cada un dos cuadrimestres.
  • Contra finais de cada cuadrimestre, haberá unha semana extra para actividades docentes pendentes ou suplementarias (recuperacións, exercicios, titorías, entrega de traballos, etc).
  • As probas de avaliación oficial (exames, traballos, exercicios, etc.) terán lugar durante a última semana ao remate de cada cuadrimestre.
  • A segunda avaliación realizaráse no mes de xullo, para o que se habilitará unha semana de probas de avaliación oficial e abrirase de novo o acceso á plataforma docente.

Listaxes de probas de avaliación 2024/2025