A mobilidade neste ámbito está centralizada na Oficina de Relacións Internacionais do Reitorado en Vigo.
+34 986 813 550 | Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
As cuestións académicas, relativas á nosa facultade, dependen da profesora Susana Reboreda Morillo.
+34 988 387 269 | Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Neste momento existen dous programas para realizar estudos no estranxeiro con recoñecemento oficial dos créditos cursados na universidade de destino:
A súa finalidade é a de facilitar a participación dos estudantes universitarios, principalmente de 2º ciclo, mestrado ou doutoramento, en programas con universidades de América Latina. As estadías poden ser dun cuadrimestre ou de todo un curso.
Neste caso a convocatoria e as prazas de destino son ofertadas de forma centralizada pola Universidade de Vigo e os estudantes acuden a ela dun xeito xenérico.
A súa finalidade é a de facilitar a participación dos estudantes universitarios en programas con universidades europeas.
Neste caso os intercambios funcionan tamén por convenios individualizados entre centros. As estadías poden ser dun cuadrimestre ou de todo un curso.
As universidades coas que na actualidade a Facultade de Historia ten asinado convenios e, polo tanto, son susceptibles de recibir aos nosos estudantes son:
- Université de Franche-Comté, en Besançon, Francia
- Université de Bretagne- Sud, en Lorient, Francia
- Univesrité de Pau et des Pays d l’Adour, en Pau, Francia
- Università degli Studi di Catania, Catania, Italia
- Universidà degli Studi di Cagliari, Cagliari, Cerdeña, Italia
- Universitá degli studi de Roma Tre, Roma, Italia
- Jan Kochanowski University of Humanities and Sciencies, Kielce, Polonia
- Uniwersytet Lodzki, Lodz, Polonia
- Universidade de Lisboa, Lisboa, Portugal
- Universidade do Minho, Braga, Portugal
- Univerzita Jana Evangelisty Purkyne v Usti nad Ladem, Usti nad Ladem, República Checa
- Gazi Üniversitesi, Ankara, Turquía
- Suleyman Demirel University, Cazaquistán, Turquía
- Kirklareli University, Kirklareli, Turquía