Campus del Agua

Enlaces de Interese

Oficina de Relacións Internacionais

A Oficina de Relacións Internacionais é a encargada de coordinar, centralizar e xestionar as actividades internacionais que se desenvolven na institución, relacionadas con programas de intercambio de formación de estudantes.

O alumnado da Universidade de Vigo pode cursar parte das súas titulacións no estranxeiro a través de programas como Erasmus, ISEP, así como, beneficiarse das bolsas propias desta universidade, que tamén pon a disposición dos seus estudantes un tándem de conversación coa finalidade de fomentar a aprendizaxe de idiomas e as relacións interpersoais entre participantes.

Máis Información

Concurso de Foto-Relato Erasmus

Coñece experiencias de mobilidade dos alumnos na Exposición on-line dos participantes no Concurso de Foto-Relato Erasmus, organizado pola Facultade de Historia en 2013.

Máis Información no Blog da Facultade de Historia