Campus del Agua

Recursos materiais e servizos

O centro responsable da docencia é a Facultade de Historia no Campus de Ourense.

As sesións presenciais se realizaranse a través de videoconferencia, ou multivideoconferencia co servizo eMeeting. Todo o material estará a disposición do estudantado a través da plataforma de teledocencia FaiTIC baixo o sistema Moodle.

Cóntase cos recursos e servizos específicos da Facultade de Historia no Campus Universitario de Ourense e cos propios recursos xerais da Universidade de Vigo.

Todos os centros contan con instalacións habilitadas para videoconferencia.

Consulta os recursos materiais e servizos da Facultade de Historia da Universidade de Vigo.

A docencia práctica a través de prácticas externas impartirase nos locais propios das entidades (empresas e institucións) coas que se teñan asinado convenios marco para a colaboración docente.