Obxectivos xerais

A fusión dos anteriores mestrados resulta na ampliación e maior variedade da temática que trata este mestrado, polo que se busca o enriquecemento do coñecemento do estudantado, ademáis da ampliación das súas perspectivas. Aportar ao estudantado unha base sólida en xestión, así como formación de carácter tecnolóxico e práctico, asumindo que unha boa preparación como profesional neste campo, require a adquisición de competencias no ámbito das novas tecnoloxías instrumentais e procedementais

Este mestrado enténdese como un período formativo para alcanzar o título de Doutor, na busca do fomento da investigación no campo da protección do Patrimonio

Obxectivos específicos

Que o estudantado sexa capaz de seleccionar e utilizar as ferramentas metodolóxicas para a súa aplicación no deseño, execución e control de proxectos de valoración, xestión e/ou difusión no Patrimonio cultural. A insistencia na interdisciplinaridade e os contido tecnolóxicos esixirá que o profesional actualice os seus coñecementos periódicamente, o que coincide coa necesidade de formar estudantes autónomos, capaces de asumir a dirección do seu propio aprendizaxe e atopar, en cada instante, as fontes axeitadas para dar resposta aos requisitos cambiantes que lle plantexe a profesión e a sociedade

Obxectivos Estratéxicos

  • Mellorar a coordinación e competencias dos grupos
  • Impulsar a realización de actividades docentes interdisciplinares
  • Completar a formación do estudantado con prácticas en empresas
  • Sintetizar diversas estratexias para adaptar o ensino ás necesidades educativas especiais.
  • Explorar novas formas de financiamento
  • Deseñar e ofertar novos produtos que a sociedade demande
  • Promocionar a UVigo e situala no escenario nacional e internacional
  • Promover a relación empresa-universidade