Campus del Agua

Información Xeral

Datos xerais

Título: Título verificado pola ACSUG (24/10/2014)
Centros: Facultade de Historia e Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Minas. Universidade de Vigo
Facultade de Historia. Universidade de Vigo
Modalidade: Semipresencial
Orientación: Profesional - Investigación
Créditos: 60 créditos ECTS
Duración: 1 curso académico
Nº de prazas: 20
Idiomas nos que se imparte a docencia: Castelán e Galego
Estudante estatal: 1326,57€*
Estudante estranxeiro (alleo ao EEES): 1650,75€*
*prezo estimado


Características


O Patrimonio converteuse nos últimos anos nun dos principais focos de interese para a nosa sociedade. Un patrimonio entendido como un conxunto polisémico de elementos de carácter dinámico e moi ligado á paisaxe. Un patrimonio obxecto de estudo de diversas disciplinas científicas, con vencello emocional coa cidadanía e un enorme potencial como sector estratéxico para o desenvolvemento de novos modelos socio-económicos.

#educación #produciónlocal #sostibilidade #mediorural #novosusos #memoria #consumoconsciente #valor #identidade #comunicación #urbanismo #arte #creatividade #convivencia #turismo #rehabitar

Este Mestrado en Valoración, Xestión e Protección do Patrimonio pretende configurarse como un punto de encontro entre profesionais que traballamos con ese patrimonio. Xa sexa dende o punto de vista da investigación e conservación dos seus elementos ou dende a transferencia bidireccional de coñecemento coa sociedade. É por isto que se pretende crear un espazo interdisciplinar para diferentes especialistas, incidindo nunha formación integral que os capacite como xestores cualificados capaces de desenvolver protocolos de traballo conxuntos.

#química #bioloxía #xeoloxía #enxeñería #historiadaarte #belasartes #física #arqueoloxía #historia #xeografía #arquitectura #conservación #educación #antropoloxía

Dende este mestrado entendemos que para abordar o patrimonio como obxecto de traballo é necesario combinar coñecementos e metodoloxías achegadas por multitude de disciplinas obviadas nos graos universitarios necesariamente menos transversais. Só deste modo é posible abranguer todas as lecturas necesarias e posibles presentes en calquera ben cultural. Documentar e investigar dende unha mirada microscópica ata comprender dinámicas territoriais máis amplas.

Este mestrado é o resultado necesaria fusión de dous mestrados-enfoques previos:

Nas edicións pasadas destes mestrados fomos acumulando a experiencia necesaria para abordar agora este proxecto transdisciplinar.

Tres centros de Galicia queren agora unir as súas tres áreas de coñecemento Historia - Tecnoloxía - Conservación e xerar que unha nova área de intersección común que sexa o Patrimonio.