Caparrini Marín

Profesor/a contratado/a doutor/a

Área de Prospección e Investigación Mineira
Departamento de Enxeñaría dos Recursos Naturais e Medio Ambiente

Información de contacto

Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía
Despacho M115
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo

+34 986 811 920
nataliac@uvigo.es

Breve CV

Licenciada en Ciencias Xeolóxicas pola Universidade Complutense de Madrid (UCM) en 1994. Doutora (Cum Laude) pola Universidade Politécnica de Madrid (UPM) en 2006. Desde 2008 é Contratada Doutora na Universidade de Vigo. Impartiu docencia universitaria desde 2000 na Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía na área de Prospección e Investigación Mineira do Departamento de Enxeñaría dos Recursos Naturais e Medio Ambiente da Universidade de Vigo, impartindo diversas materias en Titulacións (Enxeñaría de Minas), Graos (Grao en Enxeñaría da Enerxía, Grao en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos) e Másteres de perfil tanto investigador como profesionalizante (Máster en Tecnoloxía Ambiental, Máster en tecnoloxías para a protección do patrimonio cultural inmoble, Máster en valoración, xestión e protección do patrimonio cultural, Máster en Enxeñaría de Minas). Forma parte do grupo de investigación “Xeotecnoloxías Aplicadas” da Universidade de Vigo, que foi recoñecido como grupo de referencia e competitividade. É coautor de máis de 25 publicacións (artigos, traballos en congresos, capítulos de libros, documentos científico-técnico restrinxidos). Participante en máis de 35 proxectos de investigación/contratos con empresas. Dirixiu 1 Teses Doutorai e mais de 40 Traballos Fin de Máster/Traballos Fin de Grao/Proxectos Fin de Carreira. Desempeñou diversos cargos de xestión: Secretaria, Subdirectora de Organización Académica e Coordinadora de Calidade da EME, Coordinadora do Grao en Enxeñaría da Enerxía, Coordinadora do Grao en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e enerxéticos e Coordinadora do Máster en tecnoloxías para a protección do patrimonio cultural inmoble.

Docencia

Perfil docente na UVigo

1º cuadrimestre

2º cuadrimestre

Investigación

Grupo de investigación

Xeotecnoloxías Aplicadas