de Uña Álvarez

Profesor/a titular de universidade

Área de Xeografía Física
Departamento de Historia, Arte e Xeografía

Información de contacto

Facultade de Historia
pavillón 2, Planta 1, Despacho 31
As Lagoas, s/n
32004 Ourense

+34 988 387 137
edeuna@uvigo.es

Breve CV

Licenciada en Xeografía e Historia (Sección Xeografía) e Doutora en Xeografía pola Universidade de Santiago de Compostela. Actualmente, Profesora Titular de Xeografía Física na Universidade de Vigo (Campus de Ourense). Imparte docencia no Grao en Xeografía e Historia (Facultade de Historia, Universidade de Vigo) e no Mestrado de Formación de Profesorado (Facultade de Ciencias da Educación, Universidade de Vigo). Investigadora principal do Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio (GEAAT) da Universidade de Vigo. Líñas de interese: Xeografía física, Sistemas naturais e intervención humana; Xeomorfoloxía cultural; Territorio e Paisaxe, Áreas protexidas (uso/xestión científica, educativa e recreativa); Patrimonio natural e cultural; Innovación docente na universidade. Participa en diversos proxectos de investigación, dende 2005: Paisaxes erosivos de evolución temporal prolongada en áreas estables (CGL2004-06516/BTE Ministerio de Ciencia e Tecnoloxía 2004-2007); O valor do lugar na nova Xeografía Rural (SEJ2005-01587 Ministerio de Ciencia e Tecnoloxía 2005-2008); Catalogación do Patrimonio Cultural: Discurso histórico e ordenamento do territorio (Limia Alta), Fundación Pedro Barrié de la Maza (2008-2009); Turismo Territorio e identidade: procesos de revalorización de espazos e actividades no medio rural español (CSO2009-11793 Ministerio de Ciencia e Tecnoloxía 2010-2012); Alto Támega: accións na Paisaxe Patrimonial (INOU 2013 Universidade de Vigo & Deputación de Ourense); Estado do Patrimonio Xeomorfolóxico na contorna termal da cidade de Ourense (INOU 2015 Universidade de Vigo & Deputación de Ourense); Reconversión, revalorización e reinvención de espazos turísticos interiores de España (CSO2013-41374-R Ministerio de Economía e Competitividade, Programa Estatal I+D+I Retos da Sociedade 2014-2016).

Investigación

Grupo de investigación

Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio (GEAAT)

Liñas de investigación

  • Xeomorfoloxía cultural
  • Territorios e paisaxes das áreas protexidas e rurais
  • Patrimonio natural-cultural