Campus del Agua

Diana Vilas Meis

Diana Vilas Meis

Departamento de Historia, Arte e Xeografía


 +34

 Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.


Materia que imparte

Deseño de Exposicións e Modelos Expositivos

CV Resumido

Diana Vilas Meis (O Grove, 1986) é licenciada en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela (2009), Máster en Historia, Territorio e Recursos Patrimoniais pola Universidade de Vigo (2011), Profesora de Ensino Secundario na especialidade de Xeografía e Historia (Funcionaria de Carreira desde 2016) e profesora no Máster en Valoración, Xestión e Protección do Patrimonio Cultural da Universidade de Vigo.

É membro do Grupo de Investigación Arte e Cidade (AH2) da Universidade de Vigo dende o ano 2013, e membro da Aula Castelao de Filosofía e coordinadora da Semana Galega de Filosofía dende o ano 2010.

Entre abril de 2013 e abril de 2016, traballou como investigadora-docente contratada (Xunta de Galicia, Programa I2C) na área de Historia da Arte na Universidade de Vigo, con docencia nos Graos de Xeografía e Historia, e Turismo (Campus de Ourense). Foi docente contratada na UNED (Programa Senior) no Centro Asociado de Ourense (2015-2016).

Investigadora Principal no proxecto de I+D INOU15-10 "Máis alá de Castelao: Imaxinarios da nenez galega no dicurso xornalístico e gráfico ourensán do primeiro terzo do século XX", financiado pola Vicerreitoría do Campus de Ourense, da Universidade de Vigo e a Deputación de Ourense (2015); e foi membro do proxecto HAR2012-30673 “Castelao. Obra Gráfica: La construcción de un discurso estético, político y social transoceánico (1910-1950)”, dirixido por María Victoria Carballo-Calero Ramos e financiado polo Ministerio de Ciencia e Innovación (2012-2014).

É autora de diversas publicacións e libros dixitais interactivos, como: A nenez galega a través dos anteollos de Castelao (2015); Cousas de Nenos. Unha aproximación á representación da infancia en Cousas da Vida de Castelao (2014); ou a serie de iBooks sobre arte antiga: Arquitectura de la Antigua Grecia (2014), Ancient Greek Architecture (2014), Arquitectura de la Antigua Roma (2015), Ancient Roman Architecture (2015), entre outros.