Campus del Agua

Beatriz Vaquero Díaz

Mª Beatriz Vaquero Díaz

Departamento de Historia, Arte e Xeografía


+34 988 387 152

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.


Materia que imparte

Caracterización e documentación histórico-artística
Prácticas Externas

CV Resumido

Doutora en Historia pola Universidade de Vigo e licenciada en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela.

Actualmente é Profesora Contratada Doutora na área de Ciencias e Técnicas Historiográficas na Universidade de Vigo. Imparte docencia no Grao de Xeografía e Historia (Facultade de Historia) e no Mestrado en Valoración, xestión e protección do Patrimonio Cultural.

A súa investigación céntrase na transcrición e estudo da documentación galega medieval, con traballos sobre institucións relixiosas entre os que destaca a Colección diplomática do Mosteiro de San Salvador de Celanova (ss. XIII-XV), a edición do Libro das posesións do Cabido Catedral de Ourense (1453) e os dous tomos da Colección documental do Arquivo da Catedral de Ourense (888-1230) e (1231-1300).