Campus del Agua

Belén Riveiro Rodríguez

Belén Riveiro Rodríguez

Departamento de Enxeñería de Materiais, Mecánica Aplicada e Construción


 +34 989 813 661

 Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.


Materia que imparte

Técnicas de Documentación Cartográfica 2D e 3D do Patrimonio Cultural

CV Resumido

É Doutora Enxeñeira de Montes, con Mención Europea, pola Universidade de Vigo (2011) (Cum Laude e Premio Extraordinario de Doutoramento). Actualmente é profesora do Departamento de Enxeñeria dos Materiais, Mecánica Aplicada e Construcción. As súas liñas de investigación céntranse na aplicación de técnicas xeomáticas á monitorización dimensional-estrutural de estruturas de enxeñería civil e construcción, así como aplicacións de modelado 3D en cidades intelixentes. Ten realizado estadías de investigación no Institut for Applied Photogrammetry and Geoinformatics (Alemaña, 2009), e na New Mexico State University (USA, 2010). En xuño de 2011 acadou unha praza de Lecturer no Departamento de Enceñería Civil da Newcastle University, onde impartiu as materias de Engineering Surveying e Photogrammetry and Laser Scanning. Ten realizado estadías de investigación posdoutoral, en: Delft University of Technology (Holanda, 2016), University of Cambridge (Reino Unido, 2015), e na Universidade do Minho (Portugal 2012 e 2014). É coautora de 51 artigos publicados en revistas internacionais indexadas no Journal Citation Reports (JCR), índice h=11 (fuente Scopus). Editora dun libro de tirada internacional (editorial CRC Press), e co-autora de 7 capítulos de libros de tirada internacional. Co-autora de 7 patentes, 4 delas en explotación.