Campus del Agua

Antonio Presedo Garazo

Antonio Presedo Garazo

Departamento de Historia, Arte e Xeografía


 +34 988 387 115

 Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.


Materia que imparte

Territorio e Paisaxe Cultural

CV Resumido

Doutor en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago (2001) e profesor asociado de historia moderna na Facultade de Historia, da Universidade de Vigo, dende 2010. Tamén é profesor titor no Centro Asociado da UNED de Lugo dende 2008. Anteriormente, exerceu como profesor asociado e interino de substitución na Universidade de Santiago de Compostela en 1999-2000 e dende 2005 ata 2010, e investigador contratado polo CSIC no Instituto de Estudios Gallegos “Padre Sarmiento”, en Santiago de Compostela, dende 2002 a 2005. Así mesmo, ten colaborado en cinco proxectos de investigación (un de ámbito autonómico e catro estatais). Nas súas investigacións tense especializado nas elites sociais de Antigo Réxime, concretamente no sector nobiliario que configura a fidalguía. Os resultados obtidos están recollidos en artigos publicados en revistas especializadas, en publicacións derivadas de congresos nacionais e internacionais e en catro ensaios (entre estes: A Fidalguía Galega. Estudos sobre a reprodución social dos fidalgos na Galicia Moderna [2008] e Nobleza y régimen señorial en Galicia. La Casa Montaos en los siglos XVI y XVII [2011]).

Na actualidade é membro do Equipo de Investigación de “Historia Moderna”, da Universidade de Vigo, que dirixe a profesora María López Díaz.