Campus del Agua

Francisco Javier Pérez Rodríguez

Francisco Javier Pérez Rodríguez

Departamento de Historia, Arte e Xeografía


 +34 988 387 150

 Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.


Materia que imparte

Caracterización e documentación histórico-artística

CV Resumido

Francisco Javier Pérez Rodríguez. Licenciado (1987) e doutorado (1994) en Xeografía e Historia, sección Historia, especialidade Historia Medieval pola universidade de Santiago de Compostela. Profesor Titular de Historia Medieval da Universidade de Vigo dende marzo de 2001 ata a actualidade, destinado na Facultade de Historia do campus de Ourense.

A súa liña de investigación principal é a Historia da Igrexa no reino de Galicia durante a Idade Media, entre os séculos XII e XV.

Entre as súas publicacións poden destacarse a Galicia Medieval¸ volume 3 da Historia de Galicia da editorial Vía Láctea (1995, en colaboración con J.M. Andrade); O cabildo de Santiago de Compostela na Idade Media (1100-1400) (Santiago de Compostela, 1996), e varios traballos sobre distintos mosteiros medievais galegos, tanto en xeral (Mosteiros medievais de Galicia. Guía histórica, Ourense, 2008) como en particular (O mosteiro de Toxosoutos na Idade Media. Séculos XII e XIII, Sada, 2001).

Tense adicado tamén á edición de fontes medievais, sendo a súa obra máis recente a publicada xunto a B. Vaquero Díaz: Colección documental da catedral de Ourense (888-1300), editada en dous volumes en 2010.