Campus del Agua

Fermín Emiliano Pérez Losada

Fermín Emiliano Pérez Losada

Departamento de Historia, Arte e Xeografía


 +34 988 387 268

 Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Materia que imparte

Concepto e Categorías do Patrimonio Cultural
Valor e Significado do Patrimonio Cultural
Catalogación e Risco

CV Resumido

Fermín E. Pérez Losada (Santiago de Compostela, 1962) é arqueólogo, Licenciado en Xeografía e Historia pola USC (1985), coas especialidades de Historia Antiga e Prehistoria e Arqueoloxía, e Doutor pola mesma Universidade (2000) onde acadou o Premio Extraordinario de Doutoramento. Bolseiro de investigación predoutoral nas Universidades de Coimbra e Braga (1987-1988) e no Departamento de Historia I da USC (1989-1990). Profesor da Facultade de Historia da UVigo desde 1990, inicialmente contratado como Asociado, Axudante ou Interino, acada en 2003 a categoría actual de Prof. Titular de Universidade. Tamén é profesor Tutor da UNED, no Centro Asociado de Ourense, desde 2006.

Ocupou os postos administrativos de Secretario (1990-1993; 2004-2005) e Director (2005- 2008) do Departamento de Historia, Arte e Xeografía. Tamén foi Secretario (2009-2012) da Comisión Académica do Máster/Doutoramento “Historia, Territorio e Recursos Patrimoniais”, onde actualmente ocupa, desde 2012, o cargo de Coordinador.

Investigador Principal do extinto Grupo “Arqueoloxía Aplicada” (2003-2011), actualmente forma parte do Grupo de Investigación GEAAT, onde desempeña funcións de coordinador xeral. Ten dirixido varios Proxectos de I+D de investigación, escavación e musealización arqueolóxica, destacando os dos xacementos romanos de Noville en Mugardos (1988-1989), Toralla en Vigo (2002-2009), Armea en Allariz (2011-2012) e o actual de Currás en Tomiño (2013). As súas principais liñas de investigación son o poboamento, territorio e ocupación rural romana do Noroeste peninsular, tema sobre o que ten publicado mais dunha cincuentena de obras, e a valoración e xestión do patrimonio arqueolóxico, participando como docente no Máster da UVigo “Tecnoloxías para a protección do Patrimonio Cultural inmoble”.