Campus del Agua

Natalia Caparrini Marín

Natalia Caparrini Marín

Departamento de Enxeñería dos Recursos Naturais e Medio Ambiente


 +34 986 813 490

 Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.


Materia que imparte

Técnicas de Prospección do subsolo superficial

CV Resumido

Licenciada en Ciencias Xeolóxicas pola Universidade Complutense de Madrid (UCM) en 1994. Doutora (Cum Laude) pola Universidade Politécnica de Madrid (UPM) en 2006. Dende 2008 é Contratada Doutora na Universidade de Vigo. Ten impartido docencia universitaria dende 2000 na Escola Técnica Superior de Enxeñería de Minas na Área de Prospección e Investigación Mineira do Departamento de Enxeñería dos Recursos Naturais e Medio Ambiente da Universidade de Vigo, impartindo diversas materias en Titulacións (Enxeñería de Minas), Graos (Grao en Enxeñería da Enerxía, Grao en Enxeñería dos Recursos Mineiros e Enerxéticos) e Mestrados de perfil tanto investigador como profesionalizante (Mestrado en Tecnoloxía Medioambiental, Mestrado en tecnoloxías para a protección do patrimonio cultural inmoble, Mestrado en valoración, xestión e protección do patrimonio cultural, Mestrado en Enxeñería de Minas).

Forma parte do grupo de investigación “Xeotecnoloxías Aplicadas” da Universidade de Vigo, que ten sido recoñecido como grupo de referencia e competitividade. As súas liñas de investigación céntranse na integración de técnicas xeolóxicas, xeofísicas e xeoquímicas aplicadas a diversos campos como a xeoloxía, enxeñería civil, hidroxeoloxía, minería e arqueoloxía. É coautora de máis de 25 publicacións (artigos, traballos en congresos, capítulos de libros, documentos científico-técnico restrinxidos). Participante en máis de 35 proxectos de investigación/contratos con empresas.

Ten dirixido 1 Tese de Doutoramento e máis de 25 Traballos Fin de Mestrado/Traballos Fin de Grao/Proxectos Fin de Carreira. Ten desempeñado diversos cargos de xestión: Secretaria, Subdirectora de Organización Académica e Coordinadora de Calidade da ETSE de Minas, Coordinadora do Grao en Enxeñería da Enerxía, Coordinadora do Grao en Enxeñería dos Recursos Mineiros e enerxéticos e Coordinadora do Mestrado en tecnoloxías para a protección do patrimonio cultural inmoble. Actualmente é a Directora da ETSE de Minas.