Campus del Agua

Adolfo Fernández Fernández

Adolfo Fernández Fernández

Departamento de Ecoloxía e Bioloxía Animal


+34 988 387 262

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.


Materia que imparte

Figuras de Intervención e Xestión de Proxectos
Catalogación e risco

CV Resumido

Doutor en Arqueoloxía pola Universidade de Vigo, especialista en economía e comercio de época romana e tardoantiga a través da súa cultura material. Membro do GEAAT (UVigo) dende 2002, participou en diversos proxectos de investigación, entre eles, o de "Escavación e Musealización da vila romana de Toralla". Bolseiro pre-doutoral da Universidade de Vigo e bolseiro de posgrao da Fundación Barrié no Centre Camille Jullian-CNRS (Aix-en-Provence, Francia).

Entre xaneiro de 2012 e marzo de 2016 desenvolveu a súa investigación en Portugal, como bolseiro posdoutoral da FCT no Centro de Estudos Classicos e Humanisticos da Universidade de Coimbra. Durante este período ten estudado importantes conxuntos cerámicos tardoantigos como os de Braga (Bracara Augusta), Idanha a Velha (Egitania) ou Conimbriga.

É autor de decenas de textos científicos entre libros (4), capítulos de libros, artigos en revistas científicas ou en congresos internacionais (máis de 60). Actualmente desenvolve a súa actividade académica-científica no Campus do Mar de UVigo como contratado Marie Curie Talent có proxecto Salt and fish salting in Ancient Gallaecia. Looking for the origins of the Galician canned fish industry. É membro da Rede de Excelencia Ramppa (Rede Atlántico-Mediterránea sobre o Patrimonio Pesqueiro da Antigüidade) do MINECO (2016-2017). Imparte docencia no “Mestrado en Valoración, Xestión e Protección do Patrimonio Cultural” da UVigo e no “Mestrado Universitario en Arqueoloxía e Ciencias da Antigüedade” da USC-UVigo.