Campus del Agua

Belén Castro Fernández

Belén Castro Fernández

Departamento de Didácticas Aplicadas (USC)


+34 881 812 072

 Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.


Materia que imparte

Patrimonio Arquitectónico, Territorio e Paisaxe Urbán

CV Resumido

Belén María Castro Fernández é Doutora en Historia da Arte e Licenciada en Periodismo pola Universidade de Santiago de Compostela. Profesora na Facultade de Ciencias da Educación, área de Ciencias Sociais, desta universidade. Exerce, ademáis, como Profesora no Centro de Estudos Superiores Universitarios de Galicia (Cesuga) de A Coruña e no Centro Asociado da UNED en Pontevedra.

Especialista en conservación do patrimonio cultural, as súas principais liñas de investigación son a Educación patrimonial; a Historia da restauración monumental en España no século XX, con especial atención ás intervencións realizadas en Galicia baixo o Franquismo; o Turismo cultural e o Camiño de Santiago.

Entre as súas publicacións destacan os libros Francisco Pons Sorolla. Arquitectura e restauración en Compostela 1945-1985 (Santiago de Compostela, 2013) e O redescubrimento do Camiño de Santiago por Francisco Pons-Sorolla (Santiago de Compostela, 2010).