Campus del Agua

Pablo Alonso González

Pablo Alonso González

Instituto de Ciencias do Patrimonio (INCIPIT-CSIC)


 +34 881 813 587

 Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.


Materia que imparte

Novos modelos de xestión patrimonial

CV Resumido

Pablo Alonso González é doutor en Estudos do Patrimonio pola Division of Archeology, University of Cambridge, e doutor en Historia pola Universidade de León. Traballa como investigador posdoutoral no Incipit-CSIC en Santiago de Compostela. Ten publicado varios libros sobre antropoloxía do patrimonio cultural, arqueoloxía e teoría social, e máis de 50 artigos internacionais sobre a mesma temática. As súas investigacións inclúen a antropoloxía do patrimonio cultural en España e América, especialmente Cuba. Tamén ten realizado tres películas etnográficas estreadas en festivais internacionais, e varios curtometraxes de difusión científica no ámbito do patrimonio. Neste momento, investiga a relación entre calidade, patrimonio e valor no sector vinícola artesanal de Galicia.