Campus del Agua

Beatriz Comendador Rey

Beatriz Comendador Rey

Departamento de Historia, Arte e Xeografía (H05)


 +34 988 387 141

 Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Materia que imparte

Tecnoloxías e Formas de Alteración de Estruturas Inmobles
Tecnoloxías e Formas de Alteración de Materiais e Superficies
Tratamento de Superficies
Tratamento de Estruturas
Difusión e Socialización do Patrimonio Cultural

CV Resumido

Beatriz Comendador Rey (Vilagarcía de Arousa, 1967) é arqueóloga e doutora en Xeografía e Historia (1997) pola USC, é profesora contratada doutora na Área de Prehistoria da Universidade de Vigo (2010) e membro do Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio (GEAAT). Foi decana da Facultade de Historia de Ourense (2011-2014). Foi bolseira de catalogación e inventario de fondos de museos da Xunta de Galicia, e do Concello da Coruña, entre 1998-2001. Arqueóloga do Proxecto Artabria, para a recuperación e posta en valor do xacemento arqueolóxico do Castro de Elviña (A Coruña) do Concello da Coruña, entre 2002 e 2004.

Entre 2005 e 2010, foi profesora asociada a tempo parcial, na Facultade de Historia de Ourense, participando en diversas actuacións patrimoniais e de investigación e difusión con diferentes empresas de arqueoloxía.

Entre 1998-2001 foi bolseira de catalogación e inventario de fondos de museos da Xunta de Galicia (Museo Arqueolóxico de Ourense; Museo Arqueolóxico e Histórico de A Coruña) e do Concello de A Coruña. Entre 2002 e 2004 contratada como Arqueóloga no Proyecto Artabria, para la recuperación y puesta en valor del yacimiento arqueológico Castro de Elviña (A Coruña) do concello de Coruña mediante un convenio de I+D coa Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo da Xunta de Galicia. Participou en diversos proxectos como o Proxecto Urdiñeira, e San Vitor de Barxacova, Alto Támega, IDE-OU, ou o Proxecto ENARDAS.

Autora de diversas publicacións e de varios blogs de difusión ou de reflexión sobre a presenza da arqueoloxía e o pasado na sociedade actual, como Pasado Reciclado.

Actualmente é vicedecana da Facultade de Historia do Campus de Ourense da Universidade de Vigo, coordinadora e docente no Máster en Valoración, Xestión e Protección do Patrimonio Cultural, e co-coordinadora e docente no Máster Interuniversitario en Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade (USC-UVIGO+ Incipit-CSIC).