Campus del Agua

Jorge Miguel Ayán Vila

Jorge Miguel Ayán Vila

Departamento de Xeografía, Prehistoria e Arqueoloxía (UPV)


 +34 xxx

 Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.


Materia que imparte

-

CV Resumido

Licenciado en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela en 1998. Realizou os estudos de doutoramento en Arqueoloxía e Historia da Antigüidade na Universidade de Santiago de Compostela, coa suficiencia investigadora en 2000. Premio Extraordinario de Licenciatura en 1998. Doutor en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela coa tese Casa, Familia e comunidade na Idade do Ferro NW, na que obtivo sobresaínte cum laude.

Acadou diferentes bolsas (MEC colaboración, cooperación en Contratos e Convenios, terceiro ciclo da Xunta de Galicia, Predoutoral I3P) na Universidade de Santiago de Compostela e no Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (CSIC-XUGA). Ten desenvolvido diversos proxectos e é o autor de numerosas publicacións individuais e colectivas. As súas liñas de investigación encádranse en sete áreas: 1. Avaliación e control de impacto arqueolóxico de grandes obras públicas; 2. Arqueoloxía da Arquitectura; 3. A arqueoloxía da Idade do Ferro; 4. Posta en Valor do Patrimonio; 5. Teoría Arqueolóxica; 6. Difusión e Divulgación; 7. Memoria histórica.

Actualmente é investigador posdoutoral na Universidade do País Vasco / Euskal Herriko Unibertsitatea.