Campus del Agua

Yolanda Barriocanal López

Yolanda Barriocanal López

Departamento de Historia, Arte e Xeografía


  +34 988 387 140

 Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Materia que imparte

Patrimonio Arquitectónico, Territorio e Paisaxe Urbán

CV Resumido

Licenciada e Doutora en Filosofía e Letras, Sección Historia da Arte, pola Universidade de Valladolid. Actualmente é Profesora Titular de Historia da Arte na Facultade de Historia, Campus de Ourense, da Universidade de Vigo, onde imparte docencia no Grao de Xeografía e Historia e no Mestrado en Valoración, Xestión e Protección do Patrimonio Cultural. No campo da investigación dirixe o seu traballo ao estudo da Arte do Renacemento e Barroco, fundamentalmente de Galicia. Froito do mismo é a súa actuación como comisaria de exposicións, colaborando e intervindo en catálogos, congresos nacionais e internacionais, e en proxectos de investigación e difusión do Patrimonio Cultural.

É autora de numerosas publicacións científicas, abordando temas diversos no campo da arquitectura, pintura, escultura-retablística, orfebrería, gravado-ilustración, relacións de sucesos-arte efímero, e na protección e dimensión patrimonial dos camiños históricos.