Campus del Agua

Plan de Acción Titorial

O Plan de acción titorial (PAT) da Facultade de Historia recolle un conxunto de actuacións destinadas a favorecer a integración do alumnado na vida universitaria e atender as súas necesidades formativas e informativas.

Supón superar o modelo tradicional de ensino universitario só preocupado pola transmisión de coñecementos, e apostar por un modelo en que conflúen tamén funcións socio-educativas, baseadas en relacións recíprocas e interaccións titor/a-alumno/a, etc.; apóstase, en definitiva, polo trato máis personalizado, ademais do académico.

Preténdese ir consolidando unha liña de acción titorial coherente coas necesidades do alumnado, que normalice as distintas accións e acade un axeitado equilibrio entre as expectativas das alumnas e alumnos e os obxectivos que se expoñen no marco do Espazo Europeo de Educación Superior.

O PAT ten como obxecto a garantía, adecuación dos métodos de ensinanza, aprendizaxe e avaliación, adquisición de competencias do alumnado, atención á diversidade, orientación á aprendizaxe, e procura dunha igualdade de xénero, recollidos tanto nas memorias dos títulos como no sistema de garantía de calidade do centro.


Protocolo PAT Facultade de Historia

PAT Curso 2016/2017


Listas

Informes

  • Informe final de avaliación do PAT 2016/2017

Cronograma de actividades do PAT - Curso 2016/2017


Inicio do máster: Setembro-Outubro

  • Xornadas de información prematrícula. Con posterioridade á admisión definitiva, pero antes de formalizar a matrícula, realizarase unha xornada informativa onde se ofrecerá orientación sobre o itinerario docente que poden elexir os alumnos en relación ós Módulos 3 e 4.
  • Xornada de acollida e benvida ós estudantes definitivos, na que se describirán aspectos académicos do máster, normas relativas á asistencia, recursos materiais e humáns de que disporán ó longo do máster, etc.
  • Recopilación de toda a información necesaria dos alumnos por parte dos titores e coordinador, e reunión para asignar titores e coordinar actividades.
  • Asignación de titores a cada alumno: PAT 2016/2017 por alumno | PAT 2016/2017 por titor.

 

Outubro-Xuño

Proponse como mínimo a realización de tres reunións personais titor-alumno (tutorías presenciais ou on-line) ó longo do período de docencia. Levaranse a cabo as seguintes actividades de titorización:

  • Orientación personalizada sobre técnicas de estudo e utilización de métodos para fomentar a aprendizaxe independente e autónoma.
  • Actividades para compensar dificultades académicas ou lagunas formativas, como as xornadas de nivelación.
  • Actividades de coordinación entre profesorado co obxectivo de evitar solapamentos e repeticións en conceptos e procedementos en aquelas materias que persigan alcanzar as mesmas competencias.
  • Orientación (académica, administrativa, persoal) sobre opcións profesionais de incorporación futura ó mercado laboral ou orientacións máis académicas cara a investigación.

 

Xuño-Xullo

  • Realización de informes individuais dos alumnos por parte dos titores.
  • Realización da enquisa de satisfacción ós alumnos.
  • Recopilación de información e informe evaluador sobre o Plan de Acción

Cursos Anteriores


Curso 2015-2016