Campus del Agua

Outras Actividades

Vicerreitoría de Extensión Universitaria

Ten competencias sobre as actividades de proxección da Universidade na vida cultural e deportiva; servizos sociais, aloxamento e atención e información á comunidad universitaria; organización, realización e seguimento dos cursos de extensión universitaria; asociacións universitarias e voluntariado; normativa e validación de créditos de libre elección e ECTS e, por último, no Programa para maiores.

Visitar a web da Vicerreitoría de Extensión Universitaria

Programa para maiores

É un proxecto educativo dirixido á poboación adulta que pretende favorecer a súa incorporación á vida universitaria a través de programas de formación paralelos ás ensinanzas reguladas.

Deste xeito ofrecemos aos nosos maiores a posibilidade de incentivar as relacións interxeracionais, así como contribuír ao seu enriquecimento humano e cultural, proporcionando os instrumentos necesarios para garantir a formación ao longo de toda a vida, e o seu desenvolvemento persoal e social.

Visitar a web do Programa para maiores