Campus del Agua

Apoio ao Estudante

Sistemas de apoio e orientación aos estudantes


Trala formalización da matrícula, os alumnos son convocados a unha xornada de acollida que consistirá na presentación do máster, recursos dispoñibles e horarios por parte do Coordinador do Máster e membros da Comisión académica e dos coordinadores de módulo; ademáis da charla informativa, mostraranse ós alumnos as instalacións. Nesta sesión asignaranse tutores a cada alumno.

Video Presentación do Mestrado


Por outra parte, será aprobado por parte da Comisión Académica, un Plan de Acción Titorial para o curso académico e cuxa calidade e mellora se evaluará finalizado o curso.


Paralelamente a este Plan, decir que o centro conta cunha Delegación de Alumnos que, ademáis de ser considerada nos protocolos do Sistema de Garantía de Calidade en términos de órgano canalizador de suxerencias e reclamacións, servirá de enlace entre os alumnos e a Comisión Académica. Da existencia desta delegación informarase ós alumnos na xornada de acollida.