Perfil de ingreso

Titulados universitarios en disciplinas humanísticas, científicas ou tecnolóxicas cuia especialización nos seus estudos se oriente ós diversos ámbitos do Patrimonio Cultural, e que desexen desenvolver a súa carreira profesional en empresas, administracións públicas ou outras institucións de ese sector. Os ámbitos de interese de iste colectivo poderán dirixirse cara a documentación, caracterización, catalogación e inventario do mesmo, xestión administrativa, relacionada xa sexa coa intervención directa (musealización, tratamento de superficies, consolidación de estructuras) ou indirecta.

Parece factible pensar que, atendendo a ese perfil, poderán incorporarse titulados recentes como, probablemente, profesionais con desexos de actualizar e renovar a súa formación. Tendo en conta este perfil, teñen cabida neste Mestrado os títulos vinculados coa Historia, Historia do Arte, Xeografía, Arquitectura, Enxeñería, Belas Artes, Titulados en restauración e conservación do Patrimonio, Turismo, xeólogos, químicos e biólogos.

 

Requisitos de acceso

Polo artículo 16 do Real Decreto 1393/2007, de 29 de outubro, no que se establece a ordeación das ensinanzas universitarias oficiais, modificado polo Real Decreto 861/2010, sinálase que:

Para acceder ás ensinanzas oficiais de Mestrado será necesario estar en posesión dun título universitario oficial español ou outro expedido por unha institución de educación superior pertencente a outro Estado integrante do Espazo Europeo de Educación Superior que faculte no mesmo para o acceso a ensinanzas de Mestrado.

Así mesmo, poderán acceder os titulados conforme a sistemas educativos axenos ó Espazo Europeo de Educación Superior sen necesidade da homologación dos seus títulos, previa comprobación pola Universidade de que aqueles acreditan un nivel de formación equivalente ós correspondentes títulos universitarios oficiais españoles e que facultan no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de posgrao. O acceso por esta vía non implicará, en ningún caso, a homologación do título previo de que esté en posesión o interesado, nin o seu recoñecemento a outros efectos que o de cursar as ensinanzas de Mestrado.

Tendo en conta estos requisitos de acceso, será posible polo tanto acceder ao Mestrado proposto cando se esté en posesión de calquer título universitario oficial español.

Por outra banda, considerando o perfil de ingreso definido máis adiante neste mesmo apartado e o seu abanico de titulacións, compre sinalar que os titulados da Escola de Conservación e Resturación de Bens Culturais de Galicia, que mostrarán sen dúbida gran interese por este Mestrado e previsiblemente constituirán unha porcentaxe importante de futuros alumnos, non terán ningún impedimento para o acceso ao Mestrado proposto.

Esta titulación enmarcase, según a Lei Orgánica 2/2006 de Educación, no conxunto de ensinanzas denominadas Ensinanzas Artísticas Superiores (Capítulo VI, Artigo 45.2). Segundo o artigo 56 deste mesmo documento lexislativo, o cal cita textualmente:

Los alumnos que superen estos estudios obtendrán el título Superior de Conservación y Restauración de Bienes Culturales, que será equivalente a todos los efectos al título universitario de Diplomado o el título de Grado equivalente.

En consecuencia, estos alumnos reúnen os requisitos de acceso a calquera mestrado regulado polo Real Decreto 1393/2007.