Titulados universitarios en disciplinas humanísticas, científicas ou tecnolóxicas, cunha especialización nos seus estudos orientada aos diversos ámbitos do Patrimonio Cultural e que desexen desenvolver a súa carreira profesional en empresas, administracións públicas ou outras institucións deste sector. Os ámbitos de interese deste colectivo poderán dirixirse cara á documentación, caracterización, catalogación e inventario, así como xestión administrativa relacionada xa sexa coa intervención directa (musealización, tratamento de superficies, consolidación de estruturas) ou indirecta.
Tendo en conta este perfil, teñen presencia neste mestrado os títulos ligados con:
- Historia
- Historia da Arte
- Xeografía
- Arqueoloxía
- Belas Artes
- Conservación e restauración
- Xeoloxía
- Química
- Bioloxía
- Física
- Enxeñarías
- Arquitectura
- Economía
- Dereito
- Antropoloxía
- Pedagoxía
Máis Información
Área de Posgrao
988368803 | 988368909 | 988368910Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Prezo
Axustaráse aos prezos establecidos pola Xunta de Galicia.
- Estudante estatal: 621€*
- Estudante estranxeiro (alleo ao EEES):776€*
*prezo estimado curso 2020/2021